40
O Hotel Illa da Toxa, do grupo Eurostar, pecha indefinidamente as súas portas. Os seus vinte empregados quedan suxeitos a un novo ERTE agardando a que unha mellora nas cifras españolas da pandemia do coronavirus permita reabrilo. Esta decisión responde ao baixo nivel de ocupación das últimas dúas semanas, despois dun xullo e agosto que foron mellor do que agardaban e unha primeira semana de setembro na que case estiveron cheos.