Pecha na ría de Noia a campaña de marisqueo máis curta da historia

1 minutes read

A actual campaña de marisqueo fecharase a partir do próximo xoves, segundo decidiu a confraría de Noia. A mortaldade do marisco provocada polo baleirado do encoro do Tambre, que deixa máis de 1.500 profesionais sen actividade, e as dificultades para cobrar as prestacións, preocupan no sector. Tamén se estudan as consecuencias dos vertidos de residuos de baldeiramento da mina de San Finx. Esta campaña, aberta o pasado luns 16 de outubro, é a máis curta rexistrada na historia do marisqueo da ría de Muros-Noia.

A necesidade de protexer a cría pon fin á campaña marisqueira de Noia. A xunta xeral decidiu pechar os bancos o xoves 26 de outubro ou mesmo antes se os prezos baixan. Xa na súa apertura iniciaron a campaña constatando as súas pesimistas expectativas (e as mostraxes realizadas pola bióloga Liliana Solís) respecto a a escaseza de recursos polas intensas riadas do inverno e pola afectación da apertura, de golpe, das comportas do encoro do río Tambre cando se atopaba a marea baixa. Dous factores que alteraron a salinidade das augas provocando a mortaldade do 80% dos bivalvos, o que levou entón tamén á confraría a pechar a anterior campaña antes do esperado.