Pecha o ocio nocturno e queda prohibido fumar e beber na rúa

1 minutes read

O Goberno de España decreta o peche de bares nocturnos e discotecas e prohibe fumar e beber na vía pública polo aumento de casos de COVID-19 nos últimos días. Así o comunicou o ministro de Sanidade do país, Salvador Illa, durante unha rolda de prensa. «É verdade que houbo un incremento de casos» explicou o político que asegura que a situación non é igual de preocupante que en marzo e abril, «en materia de presión hospitalaria a situación é totalmente distinta». O Goberno toma esta decisión despois de que o número de casos detectados en España aumente en 2.935 nas últimas 24 horas, a cifra máis alta desde abril. A declaración do ministro chega despois da reunión de urxencia que o Goberno central mantivo coas Comunidades autónomas polo aumento de casos. Por tanto, a medida tomouse en consonancia con todas as Comunidades. Madrid é a zona máis afectada con 842 novos infectados.