O Bergantiños FC pechou o corpo técnico coas incorporacións de Juan Subirán como segundo adestrador e Darío Cotelo, como axudante técnico e analista – scout do primeiro equipo.
Subirán (A Coruña, 31/07/78) foi analista do Real Club Deportivo da Coruña na tempada 20/21. Tamén adestrou na 19/20 ao xuvenil de honra do Club Deportivo Lugo e pasou polo Atl. Coruña Montañeros, entre outros clubes. No 2014 adestrou ao Cadete A Do Deportivo converténdose en Campión de España e no 2013 Sub Campión.

Darío Cotelo (A Coruña, 29/06/1989) adestrou ao cadete de honra do RC Deportivo na pasada campaña. Anteriormente estivo nas filas do Ourense CF en Terceira División como 2° adestrador e analista. Do 2017 ao 2020 estivo nas filas da canteira do RC Deportivo: no xuvenil de honra de 2° adestrador, de analista e scouting e adestrador do Infantil A.