Os grandes recintos de vacinación pechan en Galicia as súas portas, esta é a última fin de semana de actividade para a maioría de centros, agás na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, onde a vacinación se vai prolongar unha semana máis. O domingo é o último día de actividade na maioría dos recintos. O equipo que levou a coordinación no Gaiás di ter sentimentos opostos. Están satisfeitos polo esforzo realizado durante máis dun ano pero tamén con ganas de regresar a outras facetas do seu traballo. Unha vez pechados este recintos, serán os hospitais os que asuman a administración das doses pendentes, para os máis rezagados, os nenos que vaian cumprindo as idades indicadas e para os que vaian completando os prazos postcovid.
34