Pechan a Torre de Hércules á espera de coñecer as PCR de dous traballadores

A Torre de Hércules e a Oficina de Información ao Turista de María Pita pechan «por precaución» ata que se coñeza o resultado das probas que se lle practicará nas próximas horas a dous traballadores do monumento. Segundo informa Turismo da Coruña, ao longo deste venres estes dous traballadores presentaron síntomas e os sanitarios recomendáronlles practicar as probas PCR. Así, o Consorcio de Turismo, o Concello da Coruña e Seguridade Cidadá optaron por pechar o monumento e a oficina de forma preventiva e por precaución para traballadores e visitantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha