Unha cinta ao principio do camiño impide acceder ao Fuciño do Porco porque un pouco máis adiante cedeu o terreo dunha pasarela de grava e area. Aquí comeza o paseo de escaleiras e camiños deste lugar, que visto desde o mar lembra a faciana do cocho. A chuvia dos últimos días, xunto co vento forte, están detrás desta situación.
O acceso está cortado xa desde o aparcadoiro. A pesar diso, continúan achegándose visitantes ata o lugar. Xa o inverno pasado houbo que cortar o sendeiro do Fuciño do Porco, daquela por desprendementos que facían inseguro achegarse á punta. Sobre o lugar está previsto un novo proxecto que levará a cabo a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, e que suporá unha mellora respecto ao actual acceso, porque levará apoios sobre terreo firme.