O cuartel da Garda Civil de Santa Comba, cunha decena de traballadores, pechouse ao público este venres despois de detectarse casos positivos por coronavirus.
Fontes próximas ratificaron que aínda non se coñece o alcance das persoas que están afectadas, pero que o número de positivos pode ser maior polos contactos con familiares e outros axentes. En días pasados, a Garda Civil xa tiña coñecemento de polo menos un infectado polo virus na localidade.
Dáse a circunstancia de que tamén deu positivo a titular da Farmacia Central, a licenciada Paz García Núñez, e que está situada na rúa Alfonso Molina. Na páxina da súa rede social Facebook informou de primeira man deste contaxio, que supuxo tamén o illamento das compañeiras coas que compartía quenda, mentres que a atención ao público segue co outro grupo de traballadoras que se estableceu e co que se eliminou o contacto precisamente por se ocorría un contaxio.