31
Axentes da Garda urbana de Barcelona pecharon este sábado o acceso a 5 dos areais da cidade, ante unha afluencia masiva de bañistas a primeira hora da tarde. Ás 17:30 bloqueouse o paso a máis persoas ás praias da Mar Bella, Bogatell, Barceloneta, San Sebastiá e Nova Icaria ante a imposibilidade de garantir que se manteña a distancia de seguridade, ata que coa caída da tarde reabriuse pola saída de xente. Agora témese, como é habitual, que centos de mozos aproveiten os areais para celebrar reunións e facer botellón, e agárdase se o concello coas normas restritivas para a contención do coronavirus decide tamén prohibir o acceso nestes casos.