Pechada ata maio a campaña marisqueira na ría de Muros e Noia

1 minutes read

A Consellería do Mar emitiu este venres unha resolución que obriga a pechar os bancos marisqueiros en Noia. Este plan de xestión do marisqueo comezou o pasado xoves, día 2, e finalizará nos últimos meses do ano. A medida, informa a Xunta, tómase pola petición realizada dende a confraría de Noia ante a drástica caída de capturas e a necesidade de garantir a supervivencia da cría das distintas especies da zona, en especial o berberecho. Esta veda, aberta “por causa de forza maior”, afecta ao marisqueo a pé e en embarcación e estenderase todo un semestre, de novembro a decembro de 2023 e de xaneiro a abril de 2024.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?