Pechada ata maio a campaña marisqueira na ría de Muros e Noia

A Consellería do Mar emitiu este venres unha resolución que obriga a pechar os bancos marisqueiros en Noia. Este plan de xestión do marisqueo comezou o pasado xoves, día 2, e finalizará nos últimos meses do ano. A medida, informa a Xunta, tómase pola petición realizada dende a confraría de Noia ante a drástica caída de capturas e a necesidade de garantir a supervivencia da cría das distintas especies da zona, en especial o berberecho. Esta veda, aberta «por causa de forza maior», afecta ao marisqueo a pé e en embarcación e estenderase todo un semestre, de novembro a decembro de 2023 e de xaneiro a abril de 2024.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha