Péchase o tránsito a ponte que comunica Lamas co Parque Empresarial de O Allo, en Zas

Este mércores, 28 de maio, péchase o tránsito a ponte que comunica Lamas co Parque Empresarial de O Allo debido ao inicio das obras de ampliación da mesma coas que se mellorará o acceso ao polígono.

O Concello de Zas investirá nestas obras un total de 162.785,03€ e que se inclúen no plan de mellora da rede de estradas municipais; unha das máis extensas e mellor conservadas da zona. As obras consisten principalmente na demolición da ponte actual, o acondicionamento do cauce e na colocación dun taboleiro de 8,7 metros de ancho apoiado sobre vigas prefabricadas. Unha vez rematadas as obras contaremos cunha nova ponte con dous carrís de circulación, un en cada sentido, e unha franxa peonil de 1,5 metros.

Desta maneira, o equipo de goberno municipal dálle resposta a unha demanda veciñal e coa que se mellorará notablemente o acceso ao Parque Empresarial de O Allo facilitando a entrada de camións, furgonetas e outros vehículos de gran volume. 

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte