Peche temporal do Rexistro Civil de Ponteceso por baixas do persoal

Ayuntamiento de Ponteceso

  • Desde a corporación municipal están colaborando coa Dirección Xeral de Xustiza da Xunta para poder recuperar parte da actividade

O Rexistro Civil do Concello de Ponteceso permanecerá pechado de forma temporal debido ás baixas no cadro do persoal. Segundo sinalan desde a corporación municipal, agora mesmo están colaborando coa Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia «para poder recuperar en parte a actividade do Rexistro». O Concello de Ponteceso agarda poder contar coa axuda de varios funcionarios para atender aos cidadáns polo menos dous días á semana.

Desde o Goberno local puxeron a disposición dos usuarios o número de teléfono 981 71 40 00 para rexistrar as súas peticións e posteriormente ser avisados. A Xuíza de Paz do Concello tamén prestará axuda á veciñanza.

Related posts

A Xunta instala paneis divulgativos sobre o risco de inundación en Vimianzo, Zas e Carballo

A Xunta recibe 11 ofertas de empresas para a execución das obras de prolongación da autovía da Costa da Morte

Arde unha lancha no porto de Camariñas