Pedro Larrea e Víctor Vázquez inundarán de poesía o Dolmen de Dombate este sábado

O centro arqueolóxico Dolmen de Dombate acollerá este sábado un recital de poesía a cargo de Pedro Larrea acompañado por Víctor Vázquez.

A actividade, organizada por Ponteceso Cultura Pemanente e enmarcada na programación estival do departamento de Cultura do Concello de Cabana, terá lugar no centro arqueolóxico Dolmen de Dombate a partir das 21.00 horas.

Conducirá a sesión Pedro Larrea, licenciado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade Complutense de Madrid, e mestre na University of Virginia de Estados Unidos. Na súa traxectoria publicou numerosos artigos e impartiu conferencias sobre escritores españois, poetas experimentais e autores españoles contemporáneos residentes nos Estados Unidos.

No encontro estará acompañado polo poeta e músico cormelán Víctor Vázquez, habitual columnista de opinión para distintos medios da prensa escrita con textos recollidos en libros colectivos, antoloxías e revistas literarias de España, Estados Unidos e Uruguai.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha