O novo secretario xeral dos socialistas portugueses, o economista Pedro Nuno, gañou as primarias do seu partido co apoio do 62 por cento dos votos. Convértese deste xeito no sucesor de António Costa, o actual xefe do Goberno en funcións que dimitiu dos seus cargos despois da apertura dunha investigación por presunta corrupción, que finalmente quedou en nada. O novo dirixente socialista portugués procede da corrente máis esquerdista do seu partido. Foi ministro de Infraestruturas e Transportes, e agora marca como obxectivo principal gañar as eleccións lexislativas que se celebrarán en Portugal o dez de marzo do ano que vén.