Pedro Sánchez acelerará as axudas á Palma


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este sábado que o Consello de Ministros aprobará a próxima semana medidas para dar cobertura aos traballadores autónomos da Palma e axilizar a repartición de axudas de emerxencia para os afectados pola erupción volcánica.

Na que é a súa quinta visita á Palma desde o comezo do proceso eruptivo en Cumbre Vieja o pasado 19 de setembro, Pedro Sánchez indicou que, en atención ás reclamacións dos autónomos da illa, o Goberno aprobará o vindeiro martes unha disposición adicional para atender as súas propostas.

Ademais, o Consello de Ministros ten previsto autorizar unha modificación orzamentaria do fondo de continxencia para acelerar a repartición dos recursos contemplados no plan de emprego específico para A Palma, dotado de 63 millóns de euros, e as axudas para os sectores agrícola e pesqueiro, por 6,8 millóns.