Pedro Sánchez acusa á dereita de non defender as conquistas sociais


O presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, acusou este martes á dereita de non defender as conquistas sociais por “por medo ou cálculo electoral”, ao que o PP lle recriminou o seu proxecto de “parálise” e situoulle xa “en tempo de desconto”. O xefe do Executivo aproveitou a súa intervención para defender a “resposta social” que ao seu xuízo despregou durante estes máis de tres anos de lexislatura en beneficio da “maioría social”, fronte ás “receitas neoliberais” da dereita que teñen como único obxectivo -dixo- beneficiar a unha “minoría privilexiada”. Así mesmo, fixo alusión ao polémico protocolo antiaborto en Castela e León, e asegurou que “non lle tremerá a man” para defender as conquistas sociais en España.