Pedro Sánchez acusa a Feijóo de ‘achegarse’ a Vox


O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, acusou ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, de “achegarse a Vox” coa abstención anunciada polos populares na moción de censura, fronte ao seu antecesor no cargo, Pablo Casado, quen -dixo- “marcou unha distancia nítida coa ultradereita”. Durante a súa intervención este sábado no Comité Federal de PSOE, Sánchez afirmou que entre a moción que se debaterá a partir do martes e a que presentou Vox hai máis de dous anos hai “dúas diferenzas”. En primeiro lugar, o candidato, o economista Ramón Tamames, “porque o líder da ultradereita non dá a cara”, dixo Sánchez. E en segundo lugar, “a postura do PP de Feijóo, que agora pasa do ‘non’ á abstención”.