Pedro Sánchez chegou ao Xapón para asistir ao cumio do G-20 tras deixar unha mensaxe de firmeza ante a súa investidura. Trasladoulle a La Vanguardia que os gañadores das eleccións son os últimos en querer repetilas, «pero outra cousa é comungar con rodas de muíño». Non haberá segunda volta da investidura, senón eleccións en novembro, advírtenlle dende A Moncloa a Pablo Iglesias, que deu por feito unha votación frustrada e acusou o presidente de preferir acordos coa dereita.
Adriana Lastra, voceira parlamentaria do PSOE, reaccionaba «Quedámonos perplexos. Ir a unha investidura non é un xogo, isto non é Xogo de Tronos. Pedimos responsabilidade nas declaracións públicas»
Podemos insta o PSOE a negociar e a non tirar a toalla.
Rafael Mayoral, secretario de Sociedade Civil de Podemos, pregúntase»Está baixando os brazos e dicindo que quere repetir eleccións? Eu creo que non, terá que traballalo»
Artur Mas defende que Junts per Catalunya se absteña na votación, o que podería imitar Esquerra. A eses 22 votos poderían sumarse os catro de Bildu.
«A nosa posición é non bloqueo nin cheques en branco», dixo Arnaldo Otegi.
Dende o Executivo tamén insisten en pedirlles a PP e Ciudadanos que «non obstaculicen» a investidura.