Pedro Sánchez afirma que a Constitución é “a folla de ruta do Goberno progresista”


O presidente do Goberno asegurou que o Día da Constitución non se trata de “unha festividade máis” e que a Carta Magna “é a folla de ruta do Goberno progesista de España”. Na súa intervención no XVI Congreso Rexional do PSOE de Murcia, que elixiu a Pepe Vélez como novo secretario xeral, Sánchez sinalou que a Constitución é sinónimo de “democracia” e de “estado de benestar”: “É a educación pública dos nosos fillos, é a pensión digna dos nosos maiores, é a saúde de todos e de todas”, afirmou.

Tamén fixo alusión á pandemia do covid e asegurou que a poboación ten “o sentimento de estar a superar unha das maiores probas da nosa xeración” e está a converter “o temor en certeza”, algo que España está a conseguir con “prudencia, conciencia e coñecemento”. Ademais lamentou que a oposición asegure que España está en quebra e lembrou que hai un ano o país “estaba moito peor” que agora. Por iso, considera que, aínda que hai desafíos e problemas por resolver, “calquera patriota de verdade debería sentirse orgulloso do éxito como país”.