Pedro Sánchez afirma que ‘a reforma laboral é de todo o Goberno’


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, apoiou este venres o papel da vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, nas negociacións da reforma laboral, negando que haxa algún tipo de “inxerencia” fronte ao Ministerio de Traballo como denunciou Unidas Podemos, e apoiou que haxa “colaboración” de varios ministerios, como xa ocorreu coa lei de vivenda.

Para o xefe do Executivo, a reforma laboral é unha das leis máis importantes do Goberno e ten un marcado “carácter estrutural”, afectando “ata a cinco ministerios”: Traballo, Asuntos Económicos, Seguridade Social, Educación e Facenda e “todos”, dixo, teñen que achegar, coordinarse, acordar e dar “a súa visión”. Por iso, insistiu, en que non se pode falar nin de “inmiscirse”, nin de “intervir”.