Pedro Sánchez afirma que ‘a reforma laboral é de todo o Goberno’

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, apoiou este venres o papel da vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, nas negociacións da reforma laboral, negando que haxa algún tipo de «inxerencia» fronte ao Ministerio de Traballo como denunciou Unidas Podemos, e apoiou que haxa «colaboración» de varios ministerios, como xa ocorreu coa lei de vivenda.

Para o xefe do Executivo, a reforma laboral é unha das leis máis importantes do Goberno e ten un marcado «carácter estrutural», afectando «ata a cinco ministerios»: Traballo, Asuntos Económicos, Seguridade Social, Educación e Facenda e «todos», dixo, teñen que achegar, coordinarse, acordar e dar «a súa visión». Por iso, insistiu, en que non se pode falar nin de «inmiscirse», nin de «intervir».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha