Pedro Sánchez alava o traballo global para lograr unha vacina

Pedro Sánchez, participa estes días no Consello de líderes europeos en Bruxelas, onde hai dous temas prioritarios na axenda: desbloquear o orzamento europeo e o fondo de recuperación poscovid, vetados por Hungría e Polonia, e polos que España recibirá 140.000 millóns de euros, e doutra banda, a loita contra a pandemia e a estratexia de vacinación. Á súa chegada á capital europea, Sánchez encomiou a rapidez coa que se desenvolveron as negociacións coas empresas farmacéuticas.

“A postura do Goberno de España é, en primeiro lugar, recoñecer o extraordinario mérito que ten a acción común que lideramos desde os Estados Membros e a Comisión Europea para negociar coas farmacéuticas o acceso equitativo por parte do conxunto da poboación europea á vacina cando a ciencia dese resposta. Iso estamos a piques de velo en Europa coa validación que poida facer a Axencia Europea do Medicamento”, sinalaba Sánchez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha