Pedro Sánchez alerta do perigo do coronavirus nos primeiros meses do 2021


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, advertiu de que se producirá unha “etapa crítica” da pandemia de coronavirus nos primeiros meses do próximo ano, polo que pediu antepoñer “a precaución sanitaria a calquera outro tipo de propósito” este Nadal. Pedro Sánchez situaba este sábado o horizonte do seu plan de goberno en 2026, varios anos despois das próximas eleccións xerais. Repasou o impacto da covid-19 e do plan de vacinación. Insistiu en que o obxectivo segue sendo baixar a 25 contaxios por cen mil habitantes. Resumiu os obxectivos de goberno para os vindeiros anos en catro grandes transformacións: unha España máis dixital, máis verde e sostible, máis cohesionada territorialmente y tamén máis feminista.