O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, di que este ano será o da recuperación e, para impulsala, avanza 11.000 millóns en axudas para os sectores máis afectados polas restricións, que o Goberno aprobará nas próximas semanas.
Sánchez prevé que os fondos europeos permitirán crear 850.000 empregos de calidade nos próximos tres anos. Cre que a situación en España segue sendo preocupante e pediu responsabilidade colectiva para evitar unha cuarta vaga, sen repetir erros do pasado.
Afirma que a primeira desescalada foi demasiado rápida e que o obxectivo non é salvar a Semana Santa senón baixar a incidencia do virus.
Sobre as vacinas, di que os problemas de subministración se superarán en breve e reiterou o compromiso de que o 70% dos cidadáns estarán inmunizados antes de que remate o verán.