Pedro Sánchez anuncia 172 millóns de euros para atención primaria


Os socialistas celebran o seu Consello Político Federal en Zaragoza. É o terceiro acto que protagoniza Pedro Sánchez da campaña do “Goberno da Xente” posto en marcha polo PSOE para dar a coñecer o labor do executivo en toda España.  Na súa intervención fixo dous anuncios: a rebaixa inmediata do IVE do gas e o aumento dos recursos destinados á atención primaria, onde se inxectarán 172 millóns de euros. Arroupado polos líderes autonómicos, Pedro Sánchez  avogou pola cogobernación e a coordinación do goberno do Estado e as comunidades para protexer a clase media. Neste conclave tamén participou o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o presidente da FEMP, Abel Caballero.