O presidente do Goberno fixo unha declaración institucional, desde o Palacio da Moncloa, na que anunciou nove medidas contra Israel que inclúe a prohibición de entrada de buques e aeronaves en España e as importacións dos territorios ocupados en Cisxordania e Gaza. «España sempre apoiou ao Estado de Israel. Pero da mesma maneira que España condenou os atentados de Hamás, agora condena os ataques contra Gaza que provocaron 63.000 mortes e a desnutrición xeneralizada en Gaza», afirmou o líder socialista. Sánchez afirmou que pretende presionar a Benjamín Netanyahu para que alivie «o sufrimento da poboación palestina» e para que «nun dos episodios máis infames», España estea «no lado correcto da Historia».
Estas son as nove medidas anunciadas para aliviar o sufrimento do pobo de Gaza:
- Aprobación urxente dun decreto lei para a prohibición de comprar e vender armamento a Israel.
1.- A prohibición do tránsito por portos españois aos barcos que transporten munición e armamento a Israel.
2.- Denegar a medios que transporten material de defensa para Israel sobrevoar ceo español.
3.- Prohibición de entrar en territorio español a persoas que participen de forma directa no xenocidio.
4.- Prohibición de ocupacións que forzan o desprazamento forzoso dos gazatíes.
5.- A limitación dos servizos consulares a persoas en asentamentos ilegais palestinos.
6.- Un reforzo de apoio da autoridade palestina, fortalecemento nas fronteiras e establecemento de novos proxectos en ámbitos de agricultura e sanitarios.
7.- Ampliación da contribución de España á UNWRA.
8.- Aumento da partida humanitaria para alcanzar os 150 millóns de euros.