Pedro Sánchez anuncia ‘rebaixas fiscais’ e un aumento do gasto en Defensa

1 minutes read

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, sinalou esle luns nunha entrevista en directo en La Sexta dúas datas “crave” neste mesmo mes para despregar a súa reacción ante as consecuencias económicas e enerxéticas da guerra en Ucraína.

A primeira será os días 24 e 25 de marzo, nun Consello Europeo no que o presidente do Goberno defenderá desacoplar o prezo do gas do da electricidade, para tentar cortar a espiral alcista dos prezos da enerxía. Un propósito para o que Sánchez emprenderá unha xira exprés por capitais europeas ante unha “ampla maioría” de estados membros da UE que empezan a sumarse á posición de España, a pesar das resistencias de Alemaña.

A segunda data clave que anunciou Pedro Sánchez é a do próximo 29 de marzo, cando o Consello de Ministros ten previsto aprobar o plan nacional de resposta ás consecuencias económicas da guerra que, segundo comprometeu, incluirá rebaixas fiscais para os sectores máis afectados polo incremento dos prezos da enerxía e para os fogares. Sánchez, non concretou que impostos se van a rebaixar, pero xa lle puxo prazo: en apenas dúas semanas, por tanto.

O presidente, de feito, priorizou a reforma do mercado enerxético que busca aprobar en Bruxelas ao debate das rebaixas fiscais. O xefe do Executivo tamén avogou en que “O compromiso do Goberno é aumentar o gasto en Defensa para poder cumprir nos próximos anos o mandato da OTAN do 2% do PIB”. Actualmente, o gasto en Defensa en España é o 1,45% do seu PIB.