Pedro Sánchez anuncia unha baixada do IVE da luz do 10 ao 5%

Nese sentido, o presidente lembrou que o Goberno baixou o IVE da luz do 21% ao 10% hai un ano e anunciou que no Consello de Ministros extraordinario do próximo sábado situarao no 5%, unha iniciativa para a que solicitou o apoio dos grupos parlamentarios. Na súa réplica, Pedro Sánchez remarcou tamén que este Goberno «fala claro aos cidadáns» fronte a aqueles que negan a evidencia científica e banalizan asuntos como o cambio climático e a desertificación. E en referencia aos recente incendios forestais, reivindicou o labor da Unidade Militar de Emerxencias (UME), os bombeiros e, «en definitiva, todos os servizos públicos que están a loitar en primeira liña para conter o lume».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha