Pedro Sánchez anunciou en Ferrol a creación de 1.800 empregos en Navantia

1 minutes read

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este mércores a construción dun novo buque da Armada en Navantia-Ferrol, coa creación de 1.800 empregos e o investimento de 439 millóns de euros. Será xemelgo do actual Cantabria, e o contrato é inminente. Vai supoñer tres millóns de horas de traballo, empezará “coa máxima celeridade” e contará co traballo de 300 empresas, das cales 175 serán galegas. Sánchez incidiu na necesidade de “reindustrializar Ferrol, Galicia e España” e facelo “en clave sostible e en clave tamén dixital porque eses son os piares sobre os que se vai construír a competitividade da economía”. O presidente do Goberno citou tamén a construción das cinco fragatas F-110 da Armada nestes mesmos estaleiros, con máis de 20 millóns de horas de traballo, un investimento directo de 4.325 millóns de euros e máis de 9.000 empregos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?