Pedro Sánchez anunciou mil millóns de axuda en defensa a Ucraína

1 minutes read

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, anunciou un novo paquete de axudas para Ucraína dotado de mil millóns de euros, a maior parte para producir conxuntamente material defensivo. «Nada nin ninguén nos vai a facer esquecer o que ocorre en Ucraína. Imos manter o noso apoio ao pobo ucraíno coa mesma intensidade que o primeiro día», dixo o xefe do Executivo despois de reunirse este mércores co presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski. «Podes contar co apoio de España», salientou. Os recursos anunciados por Sánchez son para apoio «bilateral militar a Ucraína» ao longo deste 2026, e detallou que a axuda se financiará, en parte, a través do instrumento SAFE (Acción pola Seguridade Europea), impulsado pola Unión Europea. Este apoio bilateral militar tradúcese na produción conxunta de drons, mísiles e radares no contexto de guerra. Da mesma forma, sinalou que España seguirá impulsando as ferramentas europeas previstas, momento no que lembrou que a Comisión Europea lanzou meses atrás proxectos de financiamento común como o programa SAFE e dixo que se van a financiar parte dos 1.000 millóns de euros deste ano en apoio a Ucraína a través do mesmo. O presidente do Goberno precisou que esa coprodución estará vinculada con radares e drons, e considerou que é moi importante esta alianza coa industria de defensa de Ucraína.