Pedro Sánchez aposta por un debate europeo sobre os mercados eléctricos

Pedro Sánchez.

Desde Atenas, onde participou no cumio EUMED-9 xunto aos seus homólogos doutros oito países mediterráneos da UE, Sánchez explicou que un dos temas que discutiron foi precisamente o do prezo da enerxía. Debido a que non é un problema de cada país, senón “europeo”, dixo, “temos que atopar solucións a nivel europeo”. Segundo Pedro Sánchez, desta forma a UE poderá facer valer máis o seu “peso específico nas relacións internacionais para a autonomía estratéxica” e ser capaz de “dar respostas máis eficaces a ese prezo da enerxía”. Ata o de agora, incidiu o presidente do Goberno, os Estados membros o que fixeron foi responder “cos nosos instrumentos nacionais”. Sánchez realizou estas declaracións despois de que o Goberno aprobase o martes pasado un plan de choque para frear a escalada dos prezos da luz, que incluía medidas fiscais, regulatorias e de protección dos clientes máis vulnerables.