Pedro Sánchez arrasa na súa visita á Coruña

O líder do PSOE e presidente do Goberno Pedro Sánchez culminou en Galicia unha semana na que visitou ata sete cidades para celebrar actos de precampaña…

Nesta ocasión, desde A Coruña, Sánchez prometeu aprobar se gaña as eleccións o dereito á eutanasia. O acto tivo lugar no pabellón deportivo do colexio San Francisco Javier ante máis de un millar de persoas.

En clave galega, o líder dos socialistas defendeu as políticas do seu Goberno desenvolvidas na nosa comunidade. Interviñeron Eva Martínez, o secretario xeral provincial de A Coruña, Valentín González, a candidata a alcaldía da Coruña, Inés Rey, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero.
Caballero, defendeu na súa intervención que o modelo socialista é o modelo do progreso social.
Sánchez e Caballero aseguraron que o PSOE é a barreira de protección dos dereitos e liberdades fronte ao proxecto de retroceso da dereita e da ultradereita.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha