Pedro Sánchez asegura que Gonzalo Caballero «é o candidato que Galicia necesita»

1 minutes read

Pedro Sánchez no Comité Federal Socialista celebrado este sábado falou do novo ciclo electoral nas comunidades históricas e referiuse a Gonzalo Caballero como «o candidato que Galicia necesita» para materializar o cambio político: «A sanidade pública galega necesita un presidente socialista á fronte da Xunta, a educación pública galega que tanto coñeces ti, Gonzalo, necesita un presidente socialista á fronte da Xunta, as infraestruturas tamén necesitan un presidente socialista»

Pola súa parte, Gonzalo Caballero afirmou que a Galicia chega «o vento do cambio» para acabar coa hexemonía do PP: «Se hai unha ampla participación nas eleccións do cinco de abril, por moito que Feijoo busque a política de confrotación, por moito que Feijoo utilice o poder da Xunta de Galicia para proxectar a súa imaxe, o vento do cambio será imparable en Galicia».