46
O Presidente do Goberno en funcións clausuraba este sábado o Foro Vínculo Atlántico na Toxa. Pedro Sánchez na súa intervención facía un chamamento á necesidade de estabilidade política e á fin do bloqueo para poder facer fronte aos deasafíos económicos e sociais do país.
Sánchez garantiu ademais defender a España ante o que cualificou de «atropelo arancelario» dos Estados Unidos. Pedro Sánchez destacou que entre os desafíos marcados polas democracias actuais está a transición ecolóxica.
Tamén tivo palabras para a situación de Cataluña. Cualificando de fracaso o proxecto secesionista.