O presidente do Goberno en funcións e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, mostrouse este sábado confiado en que «a pesar da complexidade das negociacións» sairá adiante a súa investidura, despois de que a rolda de contactos celebrada esta semana cos grupos parlamentarios concluíse sen sumar novos apoios expresos. Na súa intervención, nun acto do PSOE en Mérida, o líder socialista reiterou que o pasado 23J os españois dixeron que só pode gobernar España un partido que comprenda a pluralidade do Congreso e que asuma como un activo e non como un demérito a diversidade territorial. Ademais. recomendou ao PP que, ata que volvan as eleccións dentro de catro anos, resolva «o seu elefante na habitación, que se chama Vox» e que é «perigoso» porque está a provocar unha regresión no debate político e o cuestionamiento de consensos básicos.