0
O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, mostrou este domingo a súa convicción de que España contará durante o próximos catro anos cun goberno progresista tras o “fracaso” da investidura de Feijóo e asegurou que para iso buscará “votos debaixo das pedras”.
Sánchez participou este domingo na festa da rosa que o PSdeG celebrou en Sigueiro. Nun mitin ante uns 3.000 asistentes, o tamén secretario xeral do PSOE afirmou que nas eleccións xerais do 23J os españois dixeron “alto e claro” que a “proposta derrogatoria” do PP e VOX saíu derrotada e que “hai números” para que o seu partido siga “gobernando catro anos máis”.
“Os españois falaron e vai haber goberno progresista, claro que o vai a haber”, sentenciou Sánchez.