Pedro Sánchez confirma que haberá goberno progresista

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, mostrou este domingo a súa convicción de que España contará durante o próximos catro anos cun goberno progresista tras o «fracaso» da investidura de Feijóo e asegurou que para iso buscará «votos debaixo das pedras».

Sánchez participou este domingo na festa da rosa que o PSdeG celebrou en Sigueiro. Nun mitin ante uns 3.000 asistentes, o tamén secretario xeral do PSOE afirmou que nas eleccións xerais do 23J os españois dixeron «alto e claro» que a «proposta derrogatoria» do PP e VOX saíu derrotada e que «hai números» para que o seu partido siga «gobernando catro anos máis».

«Os españois falaron e vai haber goberno progresista, claro que o vai a haber», sentenciou Sánchez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha