Pedro Sánchez conmocionado ao ver o Delta do Ebro

1 minutes read

Xa son trece os mortos pola borrasca Gloria en España. Catro persoas permanecen desaparecidas. A devastación deixada polo temporal no litoral Mediterráneo non ten precedente. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, sobrevoou as zonas máis afectadas. Entre elas o Delta do Ebro, na provincia catatana de Tarragona, que foi literalmente engulido polo mar. O Concello de Deltebre pediu ao Executivo de Madrid a declaración de zona catastrófica. A auga entrou ata tres quilómetros terra dentro, asolagando 3.000 hectáreas de arrozales. Sánchez visitou tamén desde o aire a comarca barcelonesa do Maresme e unha zona da illa de Mallorca, desde onde atendeu á prensa. Confirmou que o Goberno central atenderá a petición do Goberno balear de decretar a catástrofe nas zonas afectadas e poñerá en marcha a partir de xa mesmo os mecanismos para axudar a todos os damnificados.