Pedro Sánchez convida a Emiratos Árabes Unidos a aumentar investimentos en España

1 minutes read

O presidente do goberno español, Pedro Sánchez, defendeu este mércores na expo de Dubái unha «asociación estratéxica» entre ambos os países. Sánchez fixo esta chamada aos investidores emiratíes na inauguración dun foro empresarial no Pabellón de España da Expo organizado con motivo da súa visita a Dubái e Abu Dabi. O seu obxectivo é impulsar a presenza de empresas españolas en Emiratos e facilitar os investimentos deste país en España. O presidente do Goberno eludiu varias preguntas sobre o rei emérito español, Juan Carlos I, que se atopa en Abu Dabi, referíndose só á misión económica que impulsa no marco da Expo. Emiratos Árabes Unidos é o décimo sexto investidor estranxeiro en España con máis de 6.148 millóns de euros en 2019.