Pedro Sánchez convoca a Podemos para finais de agosto


O presidente do Goberno en funcións, dixo que “a finais de agosto e primeiros de setembro teremos os encontros. Falaremos co Partido Nacionalista Vasco, co Partido Rexionalista Cántabro, coas forzas nacionalistas de Cataluña e con Unidas Podemos para ver se podemos chegar a un acordo que materialice este goberno progresista”

Sánchez di que quere falar do contido e non do continente. Vailles presentar un programa aberto e baseado nas achegas dos 180 colectivos cos que se reuniu estes días, os derradeiros, os representantes do mundo da cultura. Desde a investidura, non houbo contacto con Unidas Podemos, desde onde lamentan o ton das últimas intervencións dos socialistas.

Yolanda Díaz, de Unidas Podemos, “semella que estes días hai certa confusión no Partido Socialista e as declaracións do propio señor Sánchez parece que non camiñan cara unha posición de encontro” Isabel Celaá, voceira do Goberno en funcións, dixo que “se se perdeu a confianza, é preciso recuperala. Sabemos que é un dos valores que máis difícil é recuperar unha vez que se perde. Pero temos a obriga de recuperar a confianza”

Sánchez chamará tamén ao PP, pero non a Ciudadanos. Acusa recibo da negativa de Albert Rivera a volver a verse con el. Os populares critican que se inclúa aos independentistas nas negociacións.