Pedro Sánchez cre que os socialistas están preparados para responder aos novos desafíos


Sánchez defende a “utopía ibérica” que faga de España e Portugal os maiores exportadores de hidróxeno verde. Este sábado participou xunto ao primeiro ministro portugués, António Costa, nunha charla sobre a política enerxética e a excepción ibérica. Ambos defenderon a aposta polas enerxías renovables e por unha transición ecolóxica con xustiza social e sen exclusións.

Pedro Sánchez cre que os socialistas están preparados para responder aos novos desafíos e destaca a necesidade de crear novas utopías, como converter a Portugal e España en grandes exportadores de hidróxeno. Sánchez e Costa reivindican a rebaixa do prezo da luz como un éxito do “socialismo ibérico, para poñer a economía ao servizo da xente”.

O presidente español sinalou que os partidos socialistas de España e Portugal teñen incorporada a causa ambiental nos seus valores fronte “a unha ultradereita que non cre no cambio climático e unha dereita que di que si existe pero actúa coma se non existise”.