Pedro Sánchez culpa a Feijóo do bloqueo do CXPX

O presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, mostrouse moi crítico este venres co líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, tras participar no cume europeo. Culpoulle do bloqueo do Consello Xeral do Poder Xudicial nunha “intervención política en toda regra” que “degrada” as institucións e dixo que a “deslealdade” de Feijóo con España “supera con fartura” á do seu predecesor, Pablo Casado, por criticar ante a Comisión Europea a reforma de pensións do Executivo, que conta co aval de Bruxelas. No Poder Xudicial, os vogais progresistas estudan unha posible dimisión en bloque (xa dimitiu este xoves a maxistrada Concepción Sáez) para forzar unha renovación do órgano de goberno dos xuíces, que leva máis de catro anos en funcións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha