O presidente do Consello europeo, Donald Tusk, tomou a decisión de «suspender» o cume extraordinario que se celebra en Bruxelas para a repartición de postos.
Os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea continuarán mañá as negociacións para a repartición dos altos cargos das institucións comunitarias ante as dificultades para lograr un acordo para as tres principais familias políticas tras máis de 24 horas de negociacións.
Para o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, é un resultado «decepcionante e frustrante». Coma Sánchez, o presidente francés Emmanuel Macron, tamén falou de fracaso e dano á credibilidade da Unión Europea.
Antes da reunión do G-20 en Osaka xa se pechou un principio de acordo entre os dous ‘spitzenkandidaten’ polo que socialistas e populares repartiríanse as presidencias da Comisión Europea e do Parlamento respectivamente.
Sánchez encomia a Ángela Merkel por defender o acordo pero lamenta que os populares se negaran a ceder a presidencia da comisión ao socialista Frans Timmermans.
Fonte: Euronews