Pedro Sánchez descarta un novo confinamento en España

1 minutes read

O presidente do goberno admitiu nunha entrevista en televisión a súa preocupación polos datos que está deixando esta segunda vaga da pandemia pero mostrouse máis confiado porque, seugundo dixo, vai máis lenta que a primeira e tamén é menos letal. «Eu non contemplo un confinamento no país, e certo que non podemos pechar ningunha porta porque evidentemente o virus é un axente descoñecido tamén para a comunidade científica no tocante ao seu comportamento pero creo que temos agora mesmo as ferramentas e os instrumentos perfectamente delimitados nas comundiades autónomas e o goberno de España para poder atallar e dobregar a curva que é o obxectivo que temos por diante e iso só o imos poder facer con unidade». O presidente do goberno segue pensando que podemos ter unha vacina nos próximos meses pero mentres fixo un chamamento á cidadanía «que no mes de outubro, nas dúas primeiras semanas de outubro, nos vacinemos todos da gripe porque nos vai axudar a protexernos».