O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, acompañou a S.M. o Rei, Felipe VI, na inauguración do GSMA Mobile World Congress (MWC) Barcelona 2023, a cita máis influente do mundo para a industria da conectividade. No evento tamén estivo presente a vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transición Dixital, Nadia Calviño.
Tras a inauguración, o xefe do Executivo mantivo senllas reunións con representantes de empresas líderes no sector da conectividade, con quen compartiu a aposta do Gobierno por converter a transformación dixital nun eixo estratéxico para modernizar a economía, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Na súa reunión coa conselleira delegada de Orange, Christel Heydemann, o presidente do Gobierno subliñou a importancia da colaboración público-privada para consolidar a posición de liderado de España na revolución 5G, clave para impulsar a cohesión social e territorial e alcanzar unha cobertura universal a través dos fondos europeos.
Así mesmo, Pedro Sánchez reuniuse tamén co director de operacións de Meta, Javier Oliván, e o presidente de Asuntos Globais, Nick Clegg, ante quen puxo en valor o compromiso e esforzo investidor da tecnolóxica en España, en liña co obxectivo do Gobierno de consolidar unha transformación dixital centrada nas persoas e baseada no desenvolvemento de tecnoloxías disruptivas.
Ademais, o presidente do Goberno repasou xunto ao presidente e director executivo de Cisco Systems, Chuck Robbins, os avances do novo investimento da compañía en Barcelona. A Cidade Condal albergará un novo centro de deseño de microchips, que contribuirá a reforzar o liderado de España na cadea de valor de semiconductores, a través do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica de Microelectrónica e Semiconductores (PERTE Chip).