Pedro Sánchez entra na campaña galega

O presidente do Goberno e líder do PSOE, Pedro Sánchez, mergullouse este sábado en Ourense, no Xardón do Posío, na campaña autonómica de Galicia. Co fin do estado de alarma o domingo pasado, o Goberno puido iniciar o seu apoio presencial aos candidatos socialistas, como fixo a ministra de Facenda e portavoz do Executivo, María Jesús Montero, que se desprazou a Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) para arroupar a Gonzalo Caballero. En Galicia, as posibilidades do PSdG pasarían por que o ‘popular’ Feijóo perdese a maioría absoluta e iso abrise a opción de formar un goberno alternativo de esquerdas, aínda que Gonzalo Caballero sostén en público que a súa meta é situar aos socialistas como primeira forza. Nesa estratexia de debilitar a Feijóo enmárcase os ataques que a ministra de Facenda lanzou o domingo pasado contra o presidente da Xunta, ao que cualificou de representante «da ultradereita» e tentou cuestionar o seu perfil moderado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha