Meritxell Batet será a presidenta do Congreso nesta nova lexislatura e Manuel Cruz do Senado. É a proposta de Pedro Sánchez por dous cataláns, que acaba de ser ratificada pola Executiva do partido.
Batet é actualmente ministra de Polítita Territorial en funcións e Manuel Cruz, senador do PSC. A proposta de Cruz vén forzada polo veto do independentismo á designación de Miquel Iceta como senador autonómico. En calquera caso, coa elección de dous socialistas cataláns, Sánchez quere transmitir que Cataluña será un dos seus temas prioritarios nesta lexislatura. Os nomeamentos oficializaranse o martes, cando se constitúan as dúas cámaras. O PSOE e Podemos xa pecharon tamén o reparto do resto de postos na Mesa do Congreso, o órgano de decisión que organiza o traballo da Cámara. Os de Iglesias terán a vicepresidencia e a secretaría primeira.
A vicepresidenta do Senado será Cristina Narbona e como voceira parlamentaria seguirá Adriana Lastra.
Xesto de Pedro Sánchez cara Cataluña colocando dous membros do PSC á fronte das Cortes. A nova presidenta do Congreso, Meritxell Batet,impulsou o diálogo coa Generalitat nesta última etapa participando en todas as reunións bilaterais como ministra de Política Territorial. E foi unha das quince deputadas socialistas que rompeu a disciplina e votou en contra da investidura de Rajoy, igual que o novo presidente do Senado, Manuel Cruz. Presidente da asociación Federalistas de Esquerdas, o seu nomeamento veu forzado despois do veto dos independentistas á proposta de Iceta.
O martes quedará formada tamén a Mesa do Congreso, que xa pactaron PSOE e Unidas Podemos. Terán a mairoía con cinco postos, tres o PSOE e dous Podemos, a vicepresidencia primeira, para Gloria Elizo, e secretaría primeira, que será para a marca de Podemos en Cataluña.
Os catro postos restantes correspóndenlles ao PP e Ciudadanos, dous a cada un.