Pedro Sánchez: España “non se merece a esta dereita furibunda”


O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dixo que España “non se merece a esta dereita furibunda” que, ao seu xuízo, existe no Estado e criticou que se estea usando “calquera desgraza para atacar” ao Goberno. Sánchez participou no acto de clausura do IX Congreso que os socialistas vascos celebraron durante a fin de semana en Bilbao no que se ratificou o novo liderado de Eneko Andueza quen substitúe a Idoia Mendia á fronte da Secretaría Xeral. O presidente do Goberno afirmou que o presente de España “escríbese con tres palabras: vacinación, recuperación e avances sociais”, e criticou a actitude da oposición, “que di que o país está en quebra”.