Pedro Sánchez expón un decálogo para construír unha Unión Europea máis forte


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, interveu no ‘ LXXII Aniversario da Declaración Schuman’, un acto organizado no Senado con motivo do Día de Europa, no que defendeu a importancia da unidade. O acto contou tamén coa participación da presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e o alto representante da UE para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Josep Borrell.

O presidente do Goberno subliñou: «Debemos reforzar a capacidade da Unión Europea para defender os seus propios intereses de forma independente e asertiva, á vez que seguimos colaborando con socios de todo o mundo para atopar solucións aos grandes retos globais. Trátase de detectar e reducir as dependencias estratéxicas, estar preparados para situacións de crises ou emerxencia e mitigar ameazas, asegurando os nosos intereses e protexendo aos nosos cidadáns e cidadás».

Sobre a Guerra de Putin en Ucraína, Sánchez destacou que Europa, uniuse #ante a «maior crise humanitaria desde a Segunda Guerra Mundial», na solidariedade co pobo ucraíno, acollendo refuxiados, sancionando á oligarquía rusa, doando material bélico, e material humanitario tanto a Ucraína como aos seus países veciños. «Se Putin coa súa guerra pretendía dividirnos, logrou exactamente o contrario», recalcou o presidente.